Comunicación dunha empresa ou destino turístico en tempos de crise Covid-19

[vc_row][vc_column][vc_column_text]Desde Culturskopio xestionamos diferentes perfís en redes sociais, tanto de destinos turísticos como de empresas do sector, e nestes momentos, en plena crise do Covid-19 convén revisar que é o que estamos facendo a nivel comunicativo, e adaptarse a unha comunicación de crise. Non, non se fai nin se debe facer a mesma comunicación que de xeito habitual, e por iso facemos este post, para darvos unhas pautas, a aqueles que non estedes tan familiarizados coa comunicación en período de crise.

Neste post recollemos tanto as recomendacións propias que levamos a diante desde Culturskopio, como aquelas que fomos recollendo ao longo destas semanas, doutros expertos en comunicación que teñen compartido as súas experiencias a través de webinars e conferencias online promovidas por entidades como  Turespaña, Turismo de Galicia, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, etc.

Hoxe queremos compartir con vós as que nos parecen máis interesantes e as que cremos que máis éxito van a ter, pero antes diso, fagamos un pequeno repaso das que estimamos deberían ser as 5 claves, ou os cinco faros da comunicación:

    1. Unha única e grande mensaxe. Comunicamos para transmitir unha idea
    2. Contar de xeito memorable
    3. Cunha linguaxe que conecte cos nosos interlocutores
    4. Tendo en conta que a mensaxe que vale é a que capta a xente
    5. Invitar na vez de intentar convencer

 

Tendo en conta estas 5 claves, ou faros (esta teoría dos faros explicarémola noutro post de blog), podemos pasar xa a dar estas pautas de comunicación turística en tempos de covid19. 

 

Que imos a comunicar?

  • Non podemos deixar de comunicar. Os nosos seguidores e demáis usuarios deben que estamos a movernos. Temos que seguir reforzando a imaxe de marca da empresa, e non quedarnos calados, ou en shock comunicativo.
  • Centrémonos en comunicar tamén, desde unha perspectiva da empresa ou do destino, como nos está a afectar esta crise, se seguimos a ofrecer servizos ou non, como é o noso día a día, como é a nosa historia, etc. para logo dar paso tamén a contidos persoais (como nos afecta a nivel persoal a traballadores, socios, clientes, amigo, etc.). Outros contidos relevantes poden ser novas de interese, propostas, concursos, etc.

Que ton imos a utilizar e cal non?

  • Convén ser positivo ou canto menos neutral e informativo. Intentemos non mostrarnos negativos aínda que ese sexa o noso estado de ánimo
  • Hai que dar esperanza
  • Empático. Hai que poñerse na pel de que non escoita
  • Cercano. Máis que nunca interesan as historias en primeira persoa
  • Non esaxerar. Que toda esta actitude positiva non sexa excesiva, tampouco hai que dar esperanzas de máis ou quitarlle importancia á crise.

En cambio…

  • Non deberíamos ser todo negatividade, afirmar que non temos saída, tanto na crise sanitaria como na económica, e tampouco na turística
  • Agresivo ou ameazante cos usuarios e clientes, mesmo que haxa críticas ou reclamacións
  • Pedante: non sabemos máis que os outros, non somos quen de dar consellos sobre que facer ou que non, para evitar contaxiarse, etc. sobretodo cando falamos de opinións persoais e non datos baseados na ciencia
  • Non axudar a difundir bulos. Corren moitos pola rede, no whatsapp, ante a dúbida, non difundamos

 

Algunhas ideas

  • Aproveita para actualizar a información da túa empresa nas redes sociais e webs. Axuda no teu posicionamento.
  • Fala no teu nome, de xeito persoal e empatizando co teu público
  • Utiliza os # do momento: #CandoTodoIstoPase #EuCambiodeData #TurismodeProximidade, #YomequedoenEspaña e tantos outros relacionados co noso sector e co que está a suceder
  • Promociona os produtos ou servizos que ofrecerás cando todo isto pase
  • Aproveita para falar dos teus futuros proxectos, de que servizos queres ofrecer, dos destinos que se poden visitar, etc.
  • Ofrece propostas para facer durante os días que está a durar o confinamento, que teñan relación co teu proxecto
  • Aproveita para actualizar a túa base de datos e enviar newsletter aos teus seguidores con información de interese sobre a túa empresa ou destino, medidas tomadas ante a crise, etc.
  • Se estás a traballar para adaptarte ás novas tendencias, recomendacións e indicacións post crise sanitaria, (que seguro que o estás a facer), podes aproveitar para ir comunicándoo.
  • Interactúa cos teus usuarios e cos teus iguais, a eses aos que nos gusta chamar competencia, agora máis que nunca, poden ser os teus aliados.
  • Propón xogos, ideas, concursos, a xente ten tempo libre, aínda que cada día menos entre tantas propostas de retos, repostería e manualidades, pero aínda así, agradécese.
  • Participas nalgún grupo de traballo ou iniciativa para axudar a paliar esta crise? Sexa a nivel mesa de traballo de turismo, ou ben levando á compra aos teus veciños? Compárteo
  • Os teus servizos foron cancelados? Podes animar aos teus clientes a que cambien de data a súa reserva, na vez de cancelala. (Campaña de Protugra #EuCambiodeData)

 

Este son algúns dos contidos que desde Culturskopio elaboramos para diferentes proxectos:[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/3″][mk_image src=»http://culturskopio.es/wp-content/uploads/2020/04/campana-de-solidaridade-co-turismo-galego-v3.png» image_size=»large»][vc_column_text]
Campaña de soliedariedade co Turismo Galego, desde Culturskopio para Proturga, a asociación dos profesionais de turismo de Galicia. [/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=»1/3″][mk_image src=»http://culturskopio.es/wp-content/uploads/2020/04/experiencias-costa-da-morte.png» image_size=»large»][vc_column_text]

17 experiencias a vivir na Costa da Morte unha vez todo isto pase, para Turismo da Deputación da Coruña[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=»1/3″][mk_image src=»http://culturskopio.es/wp-content/uploads/2020/04/experiencias-volta-montana.jpg» image_size=»full»][vc_column_text]

17 experiencias Volta Montana en Galicia, para cando todo isto pase

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Email: proyectos@voltamontana.com

Tel: +34 690 61 47 49

©VOLTA PROYECTOS 2020

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies