
Buscamos unha persoa redactora e xestora de contidos para redes sociais
En Volta Proyectos traballamos día a día na comunicación de proxectos, principalmente do eido do turismo e contamos ademais con outro proxecto, Volta Montana, axencia de viaxes e de turismo activo. Entre unha cousa e outra, estamos a precisar incorporar ao noso equipo a unha persoa do eido da comunicación para traballar con nós na xestión da comunicación dos nosos proxectos e dos nosos clientes.
Buscamos:
- Unha persoa do eido da comunicación, preferiblemente licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, con experiencia en creación de contidos para redes sociais, web, blog, etc. tanto en redacción como audiovisual (foto e vídeo)
- Habituada a traballar con ferramentas para redes sociais, apps, edición de foto/vídeo, deseño gráfico, etc. E con experiencia e habilidades en Facebook, Instagram, TikTok, etc.
- Con un perfecto uso do galego e do castelán na redacción de contidos.
- Habituada a traballar por proxectos e en modalidade de teletraballo
- Valorarase asi mesmo experiencia en proxectos turísticos e/ou culturais, así como formación en turismo.
- Da área de Pontevedra ou arredores preferiblemente
Ofrecemos:
- Incorporación inmediata a media xornada, de luns a venres, en horario de mañás. (Cubrir eventos e/ou xestión de redes sociais fóra de horario de xeito puntual, a convir).
- Contrato laboral de media xornada. (Imprescindible non ser autónoma no momento da contratación).
- Teletraballo (desde Galicia), con reunións semanais ou quincenais en Pontevedra/Vigo
Se che interesa este proxecto e cumpres os requisitos, escríbenos a proyectos@voltamontana.com antes do 10 de setembro e ademais do CV, cóntanos algo máis sobre ti, para poder coñecerte mellor.
Logo de recibidas as candidaturas realizaremos entrevistas persoais en Pontevedra, e algunha que outra proba en RRSS, como redacción dun contido e deseño dun reel para IG, promocionando de xeito turístico o lugar onde resides ou algún outro que che guste.
Agardámoste!